Namoréate!: Grabación no Malecón

Hola a todos @s namoread@s!!
O martes 5 de xuño retomaremos a grabación do segundo vídeo da campaña, que tivemos que demorar polas inclemencias do tempo.
Necesitamos da presencia daquelas persoas que partciparon nese video para grabar a última parte. Tamén están invitad@s todos os que queirades participar, simplemente tedes que mandar un correo a obarco@morea.org co voso nome e apelidos e DNI.
O que se fará será cantar un estribillo, e a grabación pode levarnos unha media hora.
Será na parte baixa do malecón onde o río, chegando o arroio Cigüeño, ás 20h30.
Aqueles que teñan camiseta de Namoréate! ou de Trasnochando, por favor, levádea posta.
Moitas gracias a tod@s e esperamos poder ser moitos os namoread@s o martes!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario

deixa o teu comentario...