
O grupo de teatro "Moreashow" naceu no 2010 grazas ao traballo conxunto de Silvia Cuesta e os usuari@s de Morea O Barco.
Este ano Moreashow volve aos escenarios coa obra escrita polo grupo e dirixida por Silvia "Radio Carqueixa en crise de valores" que conta, en tono de humor e con música, a situación de crise que estamos a pasar.
As presentadoras deste programa son: Rosa e Amparo; e os reporteiros do programa que forman parte do coro de Radio Carqueixa Onda Curta son: José Antonio, Lupe, José Manuel, Luis, José, Silvia, Martín, Santos, Rogelio, Jaime e Pablo.
Será un programa musical no que esperamos que os oíntes rían, participen e nos axuden a cantar!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
deixa o teu comentario...