Fútbol Sala: Amarga derrota contra Coruña

Sae Morea a quecer e Coruña tamén. Hai pouca xente na bancada, uns 11 espectadores con pancartas animando a Morea. Arbitra Roberto de O Barco. Comeza o gran partido, atacando moito Coruña, que marca primeiro (0 – 1). Primeira ocasión dos locais a cargo do cañoneiro Carlos. Goool de APEM Coruña (0 – 2). Ocasión de Pablo de cabeza. Nova oportunidade de Carlos, e outra de Pablo. Reacciona Coruña, cun tiro fóra, pero desgrazadmanete, prodúcese un gol a favor dos coruñeses (0 – 3). Saque de esquina a favor de Morea. Tiro fóra de Darío, que despois inaugura o marcador (1 – 3). Prodúcese outro tiro similar de Pablo e un bo despexe de Jesús. ¡Gooool! Carlos acorta distancias (2 – 3). ¡E Pablo empata! ¡yuhuuuu! (3 – 3). ¡Emoción a raudales ó final do primer tempo! Comeza o segundo tempo e Morea está que se sae, animado polos seus ruidosos siareiros. Producense unha boa parada de Amable, dous tiros de Martín e outro de Carlos, con sendas paradas do meta coruñés. Domina á apisonadora Morea, pero APEM Coruña marca de novo (3 – 4). Carlos centra e Jesús remata de volea empatando o partido. Nova oportunidade para APEM Coruña. ¡Fóra! Golazo de Darío a pase de Carlos (5 – 4).


 ¡Por fin imos arriba no marcador! Tras dúas clarísimas oportunidades de Carlos, tres boas paradas de Amable e un saque de esquina favorable a APEM Coruña, prodúcese neste gran partido moi disputado o gol coruñés que volve empatar o encontro (5 – 5). Tira Darío e, por desgraza, o balón vaise fóra. Chega outro gol visitante (5 – 6) e córner favorable para APEM Coruña, que non apreoveitan. Empata o partido Darío, dándolle unha gran emoción (6 – 6). Clara ocasión para este xogador, que termina en córner. Os siareiros seguen animando ruidosamente na bancada. Falta fea de Martín e perigosa a prol dos visitantes, que da lugar a un golazo directo (6 – 7). Tiro fóra da área de APEM Coruña. Pablo lanza fóra. Agora inténtao Darío cun gran chut, pero despexa a córner o gardarede coruñés. Ocasión para Carlos. Paradón de Amable. Morea busca desesperadamente lograr o gol do empate, pero chega o definitivo 6 - 8 que nos derrota. ¡E soa o cláxon! Fin do encontro, que déixanos cun bó sabor de boca e con gañas de máis!!! 
Por José Manuel Salgado. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

deixa o teu comentario...