Fútbol Sala: Nova Victoria do Morea

Chegamos a Narón co tempo xusto para empezalo partido pero un retraso do árbitro permítenos descansar un pouco da viaxe. Comenza o partido e saca Porta Nova, pero Jesús rouba o balón rápidamente, pase a Carlos, éste a Martín e gol!! Morea domina o partido aínda que Porta Nova move e toca moi ben o balón. Saque de banda do equipo ferrolano, rouba Carlos o balón e chega o segundo gol do equipo visitante. Hoxe a estratexia está sendo cubrir o pase xa que Porta Nova ten unha boa posición no campo e móvese ben. Fallo de Darío, perde o balón e no contraataque, gol de Porta Nova. Morea non recibe ben os goles e despístase. Martín pasa o balón ao equipo contrario e chega o segundo gol de Porta Nova que leva ao descanso o encontro empatado. Na segunda parte, Morea comenza dominando o partido aínda que Porta Nova loita polo balón. Vaise Darío co balón, queda solo ante o gardameta, pero o defensa ferrolano cólleo da camiseta para que non poda seguir. Flagrante falta que crea tensiones no encontro. Saca a falta o Morea e chega o terceiro gol para o equipo valdeorrés. Tras varias intervencións do árbitro que deixan moito que desexar chega o último gol do partido, quedando éste cun resultado favorecedor ao equipo visitante: 2-4

No hay comentarios:

Publicar un comentario

deixa o teu comentario...