Fútbol sala: comienzo de liga

COMEZA A VI LIGA FEAFES
Hoxe, luns 5 de marzo, partido en A Coruña, APEM Cambre - Morea O Barco



A liga de fútbol sala FEAFES Galicia, na que Morea O Barco participa, dará comezo a semana que vén. Esta liga divídese en 2 fases: fase de grupos e fase final.

Na fase de grupos, os equipos quedan divididos da seguinte forma: Grupo Norte e Grupo Sur.

O Grupo Sur compóñeno os seguintes equipos: Doa de Vigo, Alba de Pontevedra, Avelaíña da Guarda, Lenda de Redondela e Lar de Vilagarcía (vixente gañador do V Campionato Galego de Fútbol Sala FEAFES).

O Grupo Norte fórmano os equipos de APEM A Coruña (gañadores da liga Norte 2011), APEM Cambre, Porta Nova de Ferrol, A Mariña de Burela e Morea de O Barco (gañadores da liga Sur 2011).

Son un total de 10 equipos (5 en cada grupo). Nesta primeira fase hai que disputar 8 partidos (4 en casa e 4 fóra).

Despois desta fase de grupos, disputarase nunha localidade galega aínda por designar a fase final, na que se enfrontan tanto os equipos da liga Norte como os equipos da liga Sur.

Morea O  Barco adestra todos os mércores e os venres de 16 a 17 horas no pavillón de Calabagueiros. Grazas  o noso adestrador Durán melloramos moito con respecto aos anos anteriores, pero aínda quedan moitas cousas que facer para tratar de gañar a liga.

Informa: José Manuel

No hay comentarios:

Publicar un comentario

deixa o teu comentario...