TendaMorea

Por fin, tras semanas de reformas, podemos re-estrear a nosa tenda virtual. Nela damos a coñecer os productos que realizamos e vendemos no noso centro do Morea O Barco. Tamén están os productos oficiais de Namoréate!
Esperamos que vos guste.
www.tendamorea.com

Moreashow chega aos escenarios de O Barco




O grupo de teatro "Moreashow" naceu no 2010 grazas ao traballo conxunto de Silvia Cuesta e os usuari@s de Morea O Barco.


Este ano Moreashow volve aos escenarios coa obra escrita polo grupo e dirixida por Silvia "Radio Carqueixa en crise de valores" que conta, en tono de humor e con música, a situación de crise que estamos a pasar.

As presentadoras deste programa son: Rosa e Amparo; e os reporteiros do programa que forman parte do coro de Radio Carqueixa Onda Curta son: José Antonio, Lupe, José Manuel, Luis, José, Silvia, Martín, Santos, Rogelio, Jaime e Pablo.

Será un programa musical no que esperamos que os oíntes rían, participen e nos axuden a cantar!!!

Fútbol Sala: Amarga derrota contra Coruña

Sae Morea a quecer e Coruña tamén. Hai pouca xente na bancada, uns 11 espectadores con pancartas animando a Morea. Arbitra Roberto de O Barco. Comeza o gran partido, atacando moito Coruña, que marca primeiro (0 – 1). Primeira ocasión dos locais a cargo do cañoneiro Carlos. Goool de APEM Coruña (0 – 2). Ocasión de Pablo de cabeza. Nova oportunidade de Carlos, e outra de Pablo. Reacciona Coruña, cun tiro fóra, pero desgrazadmanete, prodúcese un gol a favor dos coruñeses (0 – 3). Saque de esquina a favor de Morea. Tiro fóra de Darío, que despois inaugura o marcador (1 – 3). Prodúcese outro tiro similar de Pablo e un bo despexe de Jesús. ¡Gooool! Carlos acorta distancias (2 – 3). ¡E Pablo empata! ¡yuhuuuu! (3 – 3). ¡Emoción a raudales ó final do primer tempo! Comeza o segundo tempo e Morea está que se sae, animado polos seus ruidosos siareiros. Producense unha boa parada de Amable, dous tiros de Martín e outro de Carlos, con sendas paradas do meta coruñés. Domina á apisonadora Morea, pero APEM Coruña marca de novo (3 – 4). Carlos centra e Jesús remata de volea empatando o partido. Nova oportunidade para APEM Coruña. ¡Fóra! Golazo de Darío a pase de Carlos (5 – 4).


 ¡Por fin imos arriba no marcador! Tras dúas clarísimas oportunidades de Carlos, tres boas paradas de Amable e un saque de esquina favorable a APEM Coruña, prodúcese neste gran partido moi disputado o gol coruñés que volve empatar o encontro (5 – 5). Tira Darío e, por desgraza, o balón vaise fóra. Chega outro gol visitante (5 – 6) e córner favorable para APEM Coruña, que non apreoveitan. Empata o partido Darío, dándolle unha gran emoción (6 – 6). Clara ocasión para este xogador, que termina en córner. Os siareiros seguen animando ruidosamente na bancada. Falta fea de Martín e perigosa a prol dos visitantes, que da lugar a un golazo directo (6 – 7). Tiro fóra da área de APEM Coruña. Pablo lanza fóra. Agora inténtao Darío cun gran chut, pero despexa a córner o gardarede coruñés. Ocasión para Carlos. Paradón de Amable. Morea busca desesperadamente lograr o gol do empate, pero chega o definitivo 6 - 8 que nos derrota. ¡E soa o cláxon! Fin do encontro, que déixanos cun bó sabor de boca e con gañas de máis!!! 
Por José Manuel Salgado. 

Fútbol Sala: Nova Victoria do Morea

Chegamos a Narón co tempo xusto para empezalo partido pero un retraso do árbitro permítenos descansar un pouco da viaxe. Comenza o partido e saca Porta Nova, pero Jesús rouba o balón rápidamente, pase a Carlos, éste a Martín e gol!! Morea domina o partido aínda que Porta Nova move e toca moi ben o balón. Saque de banda do equipo ferrolano, rouba Carlos o balón e chega o segundo gol do equipo visitante. Hoxe a estratexia está sendo cubrir o pase xa que Porta Nova ten unha boa posición no campo e móvese ben. Fallo de Darío, perde o balón e no contraataque, gol de Porta Nova. Morea non recibe ben os goles e despístase. Martín pasa o balón ao equipo contrario e chega o segundo gol de Porta Nova que leva ao descanso o encontro empatado. Na segunda parte, Morea comenza dominando o partido aínda que Porta Nova loita polo balón. Vaise Darío co balón, queda solo ante o gardameta, pero o defensa ferrolano cólleo da camiseta para que non poda seguir. Flagrante falta que crea tensiones no encontro. Saca a falta o Morea e chega o terceiro gol para o equipo valdeorrés. Tras varias intervencións do árbitro que deixan moito que desexar chega o último gol do partido, quedando éste cun resultado favorecedor ao equipo visitante: 2-4

Moreashow: Estreno de teatro

A nova obra de teatro de Moreashow está a chegar!! Estreamos o 17 de xuño no festival de teatro de A Rúa, e imos a preparar dous actuacións máis en Ponferrada e O Barco, as fechas están inda sen confirmar. Esperamos que vos guste!!! www.youtube.com/watch?v=DO_0nC1HVdw

Radiomúsica Engalego

Namoréate!: Grabación no Malecón

Hola a todos @s namoread@s!!
O martes 5 de xuño retomaremos a grabación do segundo vídeo da campaña, que tivemos que demorar polas inclemencias do tempo.
Necesitamos da presencia daquelas persoas que partciparon nese video para grabar a última parte. Tamén están invitad@s todos os que queirades participar, simplemente tedes que mandar un correo a obarco@morea.org co voso nome e apelidos e DNI.
O que se fará será cantar un estribillo, e a grabación pode levarnos unha media hora.
Será na parte baixa do malecón onde o río, chegando o arroio Cigüeño, ás 20h30.
Aqueles que teñan camiseta de Namoréate! ou de Trasnochando, por favor, levádea posta.
Moitas gracias a tod@s e esperamos poder ser moitos os namoread@s o martes!!