Fútbol Sala: Nova Victoria do Morea
Chegamos a Narón co tempo xusto para empezalo partido pero un retraso do árbitro permítenos descansar un pouco da viaxe.
Comenza o partido e saca Porta Nova, pero Jesús rouba o balón rápidamente, pase a Carlos, éste a Martín e gol!!
Morea domina o partido aínda que Porta Nova move e toca moi ben o balón. Saque de banda do equipo ferrolano, rouba Carlos o balón e chega o segundo gol do equipo visitante.
Hoxe a estratexia está sendo cubrir o pase xa que Porta Nova ten unha boa posición no campo e móvese ben.
Fallo de Darío, perde o balón e no contraataque, gol de Porta Nova. Morea non recibe ben os goles e despístase. Martín pasa o balón ao equipo contrario e chega o segundo gol de Porta Nova que leva ao descanso o encontro empatado.
Na segunda parte, Morea comenza dominando o partido aínda que Porta Nova loita polo balón. Vaise Darío co balón, queda solo ante o gardameta, pero o defensa ferrolano cólleo da camiseta para que non poda seguir. Flagrante falta que crea tensiones no encontro. Saca a falta o Morea e chega o terceiro gol para o equipo valdeorrés. Tras varias intervencións do árbitro que deixan moito que desexar chega o último gol do partido, quedando éste cun resultado favorecedor ao equipo visitante: 2-4
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
deixa o teu comentario...