Partidazo no Calabagueiros: crónica do partido



 Son as 12 e comeza a chegar a afección ao pavillón de Calabagueiros. Os equipos están no vestuario preparándose para o encontro e a afección comeza a animar.


As 12.30 da comezo o partido. Morea xoga en equipo, pasa o balón e tras unha parede entre Pablo e Jesús, chega o golazo deste que pon o marcador ao noso favor.

A afección continúa animando ao Morea, hai bo ambiente na bancada. Morea domina o partido, move o balón e fai gozar a afección co seu xogo. Rouba Cambre o balón, tira a porta e gol. Empata Cambre pero Morea non se ven abaixo e pelexa ata conseguir o segundo gol do equipo valdeorrés, chicharrazo de Pablo.
Domina o encontro o Morea, agás que Cambre loita polo balón e consegue pór nervioso ao Morea.
Arrebátalle a pelota Cambre a Morea, e no contragolpe chega o segundo gol do equipo coruñés que deixa o encontro empatado a 2 chegando así ao descanso.
O adestrador do Morea, Durán, mantén a mesma estratexia de 3-1 para ataque e defensa na segunda parte. Morea, aínda controlando ao equipo contrario e posuíndo o balón a maior parte do partido, non tivo sorte. Cinco postes, dous foras a portería valeira e cinco paradas do gardarredes coruñés.

Un encontro cheo de oportunidades para o equipo local, e moi ben defendido polo equipo visitante que rematou cun empate que deixa a clasificación moi rifada.















No hay comentarios:

Publicar un comentario

deixa o teu comentario...