Fútbol Sala: Nova victoria en Lugo!!

 Chegamos ao pavillón Terra do Azkar de Lugo e fumos recibimos polo xerente e os adestradores do primer equipo do club cos que sacamos unha foto.












Ás 12h30 comenza o partido e o Morea presiona dende o principio e síntese cómodo no campo; así chega o primeiro gol do equipo ourensán que marcou Carlos.

Tras unha xogada pola banda e parede esquerda entre Carlos e Pablo, marca éste o segundo, e o terceiro tras unha bonita xogada de estratexia.



Hai boas sensacións xa que temos a posesión do balón e gozamos co xogo; así chegaron tres goles máis de Carlos y Martín.








Jesús rouba o balón e José Antonio pecha pases como nunca. Luis pola banda non hai quen o pare e o gardameta Amable non deixa que entre ningunha na portería barquense.



Rouba A Mariña o balón, tira a porta e marca un golazo o equipo lucense que deixa o marcador 6-1 no descanso.
Na segunda parte, Morea continúa dominando o encontro e Carlos marca o sétimo.
Saque dende o curruncho a favor de A Mariña que remata no segundo gol do equipo visitante. Dous goles máis do equipo valdeorrés despiden este encontro cun resultado moi favorecedor para o noso equipo: 9-2. Resultado que nos afianza no segundo posto do grupo norte da liga FEAFES Galicia.


  Noraboa ó Morea e a toda a súa afección!!!!

MOREA, MOREA, MOREA CAMPIÓN
E HOXE PARA CEAR CHIPIRÓNS!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

deixa o teu comentario...