Fútbol Sala: Derrota en Coruña

 Derrota en Coruña

Comenza o partido uns minutos pasada a hora. Morea está moi nerviosa e Coruña domina o partido. Primer gol de Coruña, Morea non reacciona e perde o balón con facilidade, non se colocan no campo. Segundo gol de Coruña. 
 
Morea sigue sen xogar, o noso adestrador Durán, enfádase ante o bano xogo de noso equipo. Outro gol de Coruña. Morea quéixaxe do arbitraxe, que deixa moito que desexar. Reacciona Martín, róballe o balón a Coruña, pase a Darío e primer gol de Morea. Pode ser o momento de despertar, pero Coruña continúa dominando e chegamos ao descanso co cuarto gol de Coruña. Marcador: 4 – 1.

Comenza a segunda parte, tras unha charla de Durán aos compoñentes do equipo visitante que, esperemos, sirva de algo.
Coruña xoga ao fútbol sala mentras que Morea pasea polo terreo de xogo. Chega o segundo gol de Morea tras varios intentos fallidos de Martín a portaría contraria.
Tras varias paradas de Amable, o gardameta de Morea, o árbitro pita unha dudosa falta de Amable ao delanteiro de Coruña, falta perigosa que remata co quinto gol de Coruña.
Morea non está cómoda e nótase, non están xogando ao fútbol sala. E así chegan outros dous goles de Coruña (7 – 2).
Despiste de Coruña e sorte de Morea, gol de Martín (7 – 3). A poucos minutos de rematar chega o último gol de Coruña que despide o encontro cun resultado pouco favorecedor para o noso equipo 8 – 3.


Esperemos que no próximo encontro poidamos disfrutar máis do xogo!!

MOREA MOREA MOREA CAMPIÓN,
E HOXE PARA CEAR CHIPIRÓNS!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

deixa o teu comentario...