Fútbol Sala: Creación da Peña de Aficionad@s


Fútbol Sala: Creación da Peña de Aficionad@s


Hola amig@s, o día 15 de maio o equipo de fútbol sala do CD Morea O Barco disputará o seu primeiro partido en casa, no Pavillón de Calabagueiros, fronte a APEM Cambre. Queremos que o ambiente dos nosos partidos en casa sexa único e por iso necesitamos da vosa implicación. Pensamos que se podería crear unha peña de aficionados do club, para que os xogadores sintan o apoio do seus seguidores. Aquelas persoas que estén interesadas nesta iniciativa simplemente tedes que escribir no noso taboleiro que queredes formar parte da Peña e xa vos informaremos dos pasos a seguir: creación de nome da peña, días de partidos, cánticos,..e tódalas ideas que queirades compartir. Animádevos, o club necesítavos, o club necesítate. FORZA MOREA!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

deixa o teu comentario...