“Un Nadal de Excelencia”. Morea O Barco e CPT na promoción de produtos tradicionais de Galicia e Norte de Portugal


O 3 de decembro damos inicio á campaña de promoción de produtos tradicionais de Galicia e Norte de Portugal “Un Nadal de Excelencia”. Morea O Barco e o Centro de Promoción de Produtos Tradicionais (CPT) colaboran, con esta iniciativa, na promoción e difusión  destes produtos con etiqueta “Excelencia”, ofertando ó público unha mostra de 3 lotes. A venta realizarase no centro de Morea O Barco e no Mercado de Nadal do Concello do Barco que se levará a cabo os días 14, 15 e 16 de decembro. Estes lotes estarán expostos no Centro de Promoción de Productos Tradicionais (CPT) e no centro de Morea O Barco.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

deixa o teu comentario...