Campionato FEAFES 2012

O 30 de xuño tuvo lugar no pavillón Restollal de Santiago o VI Campionato galego de fútbol sala FEAFES 2012, no que o Morea O Barco participou xunto a nove equipos máis.

O primer partido do equipo valdeorrés foi contra os campións do ano pasado (Lar de Vilagarcía) e o resultado foi ao noso favor, pasando a semifinales que xogamos pola tarde.




Ao rematar o primer partido fumor comer nun parque ao lado do pavillón. A comida organizámola nos e pusímonos as botas: tortilla do Lisboa, empanadas de Aurora, xamón, queixo, chourizo...e uns xelados con bizcocho de Sandra para o postre!!!



Tras a comida os xogadores descansaron antes dee xogar a semifinal contra Alba de Pontevedra. O rival empezou moi forte e marcounos tres goles nos dez primeiros minutos o que desmotivou moito ao noso equipo que, aínda que o intentou, non pudo co rival que, finalmente consegui gañar o campionato tras  enfrentarse na final contra Lenda de Redondela.

Foi un campionato moi emocionante e, aínda que volvimos a casa cun trofeo polo terceiro posto, os xogadores do Morea non se conforman e xa andan a pensar no campionato do vindeiro ano.










Enhoraboa a todolos xogadores do equipo e moitísimas gracias ao adestrador Durán e a afición por apoialos no campionato e na liga!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

deixa o teu comentario...